Publicado o Deixa un comentario

Xa veremos

 

 

Saio temperá a nadar porque me estou quedando tesa. Gustaríame que fose nun mar temperá e amable que me agardase á porta de casa, ou non seu defecto nuna piscina limpa e solitaria non meu xardín grande e salvaje, pero non, vou á municipal e son consciente do magnífico que é ter esa posibilidade.

 

 

 

Dáme igual como vou vestida, vou descoidada, herdo os chándal dos meus fillos ou de calquera que mo propoña porque me parece absurdo gastarse cartos nesa cousa tan fea, tan cómoda e tan útil. Logo o lamento moitísimo cando vexo outras señoras monísimas, equipadas á perfección e entoadas en malva e rosa preferentemente. Pero xa é tarde para min, de modo que evito o contacto e de ser inevitable opto polo personaxe gracioso, a pallasa aguda e crítica que quizais algún día hai moito, moito tempo, non foi totalmente desagradable. Porén, ao saír de facer exercicio, si quero estar mona e elegantiña.

 

 

Por un milagre da química, as ditosas feromonas ou non sei que te poñen coma unha moto e saes que queres comer o mundo. Iso complica moito a intendencia e a equipaxe do ximnasio, e eu non estou para leas. Aborto a tentación vitalista e concéntrome nas obrigas, pero con enerxía, sen me dar pena a min mesma.

Cómpre reconducir as cousas positivamente, a ver se por fin producimos algo, que máis vale tarde ca nunca… pero descubro que teño unha fame de loba! E aínda non se pode tomar o aperitivo, porque para evitar esa caída, voume coa alba a nadar. Un cafeliño co seu cruasán sería unha xusta compensación aos meus desvelos. Boicot! Alarma vermella!!! Xa está a gorda fodendo a marrá! A calar, nada de comer ata as 2.

 

Ponte o teu pano de ecoprint de Pécora e síntete ceibe… Volveches enganar o monstro!

Publicado o Deixa un comentario

Caen as follas

Outono. Caen as follas. Voan en remuíños axitadas e zarandeadas anunciando o inminente inverno, ou bailan ao compás da brisa aínda morna e amable despidíndose con preguiza do verán ido. Empápanse en choivas tormentosas mudando de cor e de textura ou son lavadas delicadamente polas densas néboas producidas pola humidade e os contrastes de temperatura. Verdes, vermellas, amarelas, marróns, ocres, douradas, moradas… incribles gamas de cores. Unha beleza sempre sorprendente, sempre melancólica, cargada como está da inminencia da morte.

 

 

 

 

 

 

Exquisita na súa fraxilidade, na súa brevidade. Percibe quen olla o privilexio que supón ver algo tan belo e tan efémero. Tveches sorte de velo, de miralo, de aprecialo. Intentas inmortalizalo facendo fotos, escribindo sobre o para o lembrar con toda a emoción, toda a intensidade coa que vés de gozalo. Anhelas apresar esa beleza, que forme parte de ti, que se quede contigo, que te console e te acompañe en momentos de necesidade, que te arroupe e te defenda de tantas cousas feas, desagradables, molestas, malas, que sabes que terás que sufrir en calquera momento.

 

 

 

 

 

 

 

Nun xesto máxico tratas de facerche un amuleto. Un elemento que aglutine esa beleza e te salve cando haxa perigo, che acorde que bonito é o mundo, que interesante a vida, ata que punto ti a mereces porque a aprecias, porque a gozas, porque a vives; ata que punto a túa vida non é insignificante porque é receptiva, simplemente, malia que non teñas feito nada aparentemente aínda, malia que non gañes o diñeiro que pensabas gañar, malia que non che recoñezan os méritos que crías ter, malia que todo che saíse fatal e sexas un puñetero desastre. Aprecias o bo. É capaz de ver o bello. É unha persoa e, do mesmo modo que un gato non ten máis obriga na vida que ser un gato, ti fundamentalmente só tes que ser iso, unha persoa.

 

 

 

 

 

 

 

Pécora conseguiu facer ese amuleto de vida. Plasmou en teas, poderíase dicir que “por contaxio“, toda esa beleza efémera e deulle un pouquiño máis de tempo para nós. É unha obra de amor á vida para amantes da vida e é un amuleto de equilibrio, beleza e felicidade. Grazas meiga alquimista conservadora do instante milagroso e salvífico! Tingue, pinta, crea para que non esquezamos canto nos gusta vivir.