Ofrecémosche a posibilidade de facer agasallos desde casa de maneira cómoda e segura.
Podes escoller un artigo especificando na pantalla final da compra o enderezo da persoa á quen cho queres regalar, así como o texto co que cho dedicas.
Ou ben adquirir TARXETAS AGASALLO PÉCORA, que enviaremos por correo electrónico á persoa ou persoas destinatarias do agasallo cun código que poderán utilizar para mercar sen restricións ata esgotar o seu saldo.
Paquetes regalo especiais para un Nadal especial. A esencia permanece .
Saio temperá a nadar porque me estou quedando tesa. Gustaríame que fose nun mar temperá e amable que me agardase á porta de casa, ou non seu defecto nuna piscina limpa e solitaria non meu xardín grande e salvaje, pero non, vou á municipal e son consciente do magnífico que é ter esa posibilidade.
Dáme igual como vou vestida, vou descoidada, herdo os chándal dos meus fillos ou de calquera que mo propoña porque me parece absurdo gastarse cartos nesa cousa tan fea, tan cómoda e tan útil. Logo o lamento moitísimo cando vexo outras señoras monísimas, equipadas á perfección e entoadas en malva e rosa preferentemente. Pero xa é tarde para min, de modo que evito o contacto e de ser inevitable opto polo personaxe gracioso, a pallasa aguda e crítica que quizais algún día hai moito, moito tempo, non foi totalmente desagradable. Porén, ao saír de facer exercicio, si quero estar mona e elegantiña.
Por un milagre da química, as ditosas feromonas ou non sei que te poñen coma unha moto e saes que queres comer o mundo. Iso complica moito a intendencia e a equipaxe do ximnasio, e eu non estou para leas. Aborto a tentación vitalista e concéntrome nas obrigas, pero con enerxía, sen me dar pena a min mesma.
Cómpre reconducir as cousas positivamente, a ver se por fin producimos algo, que máis vale tarde ca nunca… pero descubro que teño unha fame de loba! E aínda non se pode tomar o aperitivo, porque para evitar esa caída, voume coa alba a nadar. Un cafeliño co seu cruasán sería unha xusta compensación aos meus desvelos. Boicot! Alarma vermella!!! Xa está a gorda fodendo a marrá! A calar, nada de comer ata as 2.
Ponte o teu pano de ecoprint de Pécora e síntete ceibe… Volveches enganar o monstro!
Benvidos á Caixa de Pandora, meu nome á Mónica Rodríguez Varela, a persoa tralo proxecto Pécora. Presentamos este espazo no que poderedes coñecernos. Gustaríanos ofrecervos contidos que poidan ser do voso interese: arte, relatos, curiosidades. Este é un caixón “dexastre” no que calquera cousa ten cabida. Convidámosvos a participar, encantaríanos saber que opinades e que vos gusta.
Contaremos coa inestimable colaboración periódica de La Diabla Cojuela con “Saltando polos tellados” que nos mergullará nun mar propio onde os peixes bailan do revés, contando historias marabillosas nun conto infindo.
Se queres colaborar connosco e que publiquemos os teus relatos, manifestacións artísticas ou calquera cousa de interese que se che ocorra, non dubides en contactar connosco. Estaremos encantados de abrir unha fiestra ás túas inquedanzas e de gozar de vosas contribucións. Anímate a participar!!
Isadora Duncan
Recentemente tivemos a sorte de poder participar nun Seminario sobre Moda e Sustentabilidade, elaboramos unhas prendas con tecidos de fibras vexetais procedentes de montes certificados co selo de xestión e explotación sustentable PEFC e demos unha pequena charla na que presentamos a marca Pécora. Deixamos a transcrición de dita charla para que podades coñecernos un pouco melloror.
“Bos días! Meu nome é Mónica Rodríguez Varela, son exalumna da Escola de Artes Mestre Mateo e veño a contarvos a miña breve experiencia após rematar o Grao en Deseño de Moda; como e por que creei unha marca de Moda Artesanal Sustentable.
Póñovos en antecedentes porque creo que o meu caso non é do máis común. Cheguei á Moda de rebote.
Teño 41 anos, comecei a estudar Deseño de Moda con 36 anos, antes fixen Historia da Arte, estudei durante 4 anos Arte Dramática e traballei en mil traballiños, ningún deles relacionado coa Moda.
Xamais interesárame a Industría da Moda, é máis, xerábame certo rexeitamento por tódalas ideas preconcibidas que asociamos á Moda, poa ditadura das tendencias, a masificación dos gustos, a frivolidade, o baleiro dese mundo de escaparate e aparencia. Molestábanme os canóns de beleza, as imposicións e os modelos establecidos.
Descoñecía a outra cara da moeda, o poder inmenso de rebelión que posúe a Moda. Ficaba ancorada no consumismo, a contaminación, a explotación… e todas esas realidades que non desapareceron. Pero non descubrira as posibilidades de cambio que a Moda ten sobre os sistemas. Un poder que, ao meu xuízo, é moito maior ca o doutras disciplinas, porque a Moda, gústeche ou non, sexas consciente ou non, está na túa vida dun modo ou outro, e ademais está íntimamente ligada al individuo y a su propia individualidad. Todos nos vestimos, y por muy inconsciente o desganada que sea la elección de lo que nos ponemos cada día de nuestra vida, es una decisión personal y dice mucho de nosotros.
Comecei na Moda xogando e espero non deixar de xogar nunca. Decidín fabricar bonecas de trapo recicladas para vendelas por internet e descubrín dúas cousas, unha, que non era rentable en absoluto e dous, que me apaixoaba facerlles os estilismos, así que decidín estudar Moda, pero coma son un completo desastre pois pasouseme a data do exame de ingreso, así que mentres esperaba á seguiente convocatoria aprendín a coser con Selvita, a marabillosa modista da miña vila, Negreira.
Finalmente gradueime e namorei do deseño de estampados. Esta carreira é dura, como ben saberedes, é intensa e esixente pero ten a gran vantaxe de ofrecer un abanico inmenso de posibilidades. Especialmente se un amplía hourizontes e non queda anclado na idea de “gran deseñador”.
Pois ben, ao acabar o Grao a mñai idea era traballar para algunha empresa, en cualqueira lugar do mundo, a ser posible en deseño de estampados pero encantadísima de facer cualqueira cousa relacionada coa Moda…mesmo fichas técnicas… quería seguir aprendendo, adquirir experiencia e poder ser autosuficiente.
Pero claro… recapitulemos, acabei con 40 anos, porque pospuxen o proxecto un ano para poder facelo todo eu, acabei con un expediente sorprendentemente bo, fíxeno o mellor que puiden, e con moita ilusión mandei miles de cv, contestáronme dous, moi amablemente dixéronme… ”non es ti, son eu”… buscaban un perfil máis de becario e eu non encaixaba.
Neste punto gustaríame facer un inciso, especialmente para os que esteades empezando… non vos agobiedes coas notas….NON SON TAN IMPORTANTES….intentar gozar, ser receptivos e flexibles ante as críticas pero non deixedes que vos afecte o xuízo dos demais …nin sequera o dos profesores!
Bo, o caso é que me atopei corentona, dependente e frustrada…. Así que pasei ao plan B. Pregunteime cal era o meu soño, as miñas aspiracións, a onde quería eu chegar…. E eu o que quería era facer o que me dese a gana, ser a miña propia xefa, ter a miña propia marca artesanal de moda lenta, ética y sustentable. Na aldea, en contacto con la naturaleza, con meus bichos…. Quería poder tomar as miñas propias decisións con liberdade, especialmente a nivel artístico, en definitiva: facer o que me gusta e vivir diso…
Todo moi bonito… si… pero claro …sen experiencia, sen diñeiro, sen contactos, sen nada máis e nada menos que vontade, ilusión e traballo…. pois soa un poquito “arriscado”.. e evidentemente o é, pero non é imposible… e sobre todo …non hai nada que perder. Así é que creei Pécora, apostando pola moda artesanal e sustentable, Moda Lenta, fíxenno por principios e por afinidade persoal pero tamén porque creo que ten posibilidades de negocio…
Cada vez somos máis conscientes de que o modelo de consumo brutal no que estamos atrapados non é viable durante moito máis tempo, é innegable que a Moda como industria ten un problema… un problema gordo… e non vai quedar máis remedio que adaptarse ou morrer, así que as alternativas éticas e sustentables poden ser rendibles.
A esencia de Pécora son os estampados. Deseño prenda e complementos pero o signo de identidade son os estampados.
Conseguin a Carta de Artesá de Galicia, fixen cursos de estampaxe, especialmente de ecoprint ou estampaxe botánica e lanceime á piscina creando a empresa, eu soa e sen un duro. Estoume volvendo tola, non vos vou enganar, pero… son feliz.
Acabo de empezar e non podo facer unha análise, isto é unha carreira de fondo pero é fundamental gozar o camiño e, aínda que con mil incertezas e ataques de pánico…. fago o que me gusta e iso é un luxo. Son afortunada!
Quero rematar animándovos a crer en vós mesmos e nas vosas posibilidades, por adversas que sexan as circunstancias. Cómpre traballar duro, si, pero tamén hai que o gozar e non deixar nunca de xogar.
Cadaquén é moi libre de tomar as súas propias decisións pero tendes que ser conscientes das consecuencias. Vós sodes o futuro e temos unha responsabilidade, de nós depende transformar a realidade, non caiamos na trampa de … “non … é que non temos o poder… é que os políticos… é que eu soa non podo mudar ren…” porque non é verdade… Somos máis e por suposto que temos o poder de cambiar, e si, non é doado, comporta riscos… pero o verdadeiro perigo é non cambiar nada.”