PERSONALIZACIÓN E ENCARGOS
…
O noso obxectivo é ofrecerche produtos únicos especialmente deseñados para ti.
Ofrecemos a posibilidade de crear estampados, panos de cabeza, bulsos, gravatas, lazos ou bolboretas e mais prendas personalizadas.
Adaptámonos á túa idea ou propoñémosche posibilidades. Podemos transformar o teu ramo de noiva nun pano de seda estampado, ou nunha prenda que poidas lucir. Realizamos panos para noivos, gravatas e lazos ou bolboretas personalizadas con estampados únicos para unha gran ocasión. Podemos facer un quimono de seda único estampado coas flores do teu xardín, mediante a técnica de ecoprint….ou calquera cousa que nos propoñas!
Consúltanos sen compromiso, cóntanos como o imaxinas e farémolo realidade!
…