Pécora

PECORA
Comodidade …… Responsabilidade …… Calidade

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pécora nace da man da deseñadora Mónica Rodríguez Varela. Galega nada en Madrid pasa a maior parte da súa infancia viaxando. Aos nove anos trasládase coa súa familia a Galicia onde finalmente se asentan.

 

 

 

 

Licenciada en Historia da Arte, desprázase a Madrid onde estuda Teatro. De volta en Galicia gradúase en Deseño de Moda e consigue a Carta de Artesá. En 2019 nace Pécora, unha marca artesanal, alternativa, ética e sustentable.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A firma establécese nunha pequena aldea galega en permanente contacto coa natureza e cos animais. Traballamos nun pequeno obradoiro laboratorio non que realizamos estampados a partir de acuarelas, fotografías o cadros. Elaboramos tintas naturais transformando refugallos, como por exemplo as cascas de cebola, en sedas douradas.

 

 

 

O noso sinal de identidade son os estampados, elaborados a partir de ilustracións, fotografías, cadros, pegadas don nosos gatos, plantas e calquera cousa que poida inspirar para crear estampados únicos cun estilo persoal, nos que o cromatismo funciona como elemento fundamental, á procura do pracer estético e a evocación de sensacións. Parte esencial do noso traballo é o Ecoprint, estampación botánica elaborada con plantas sobre tecidos naturais, do mesmo modo tinguimos tecidos con tintas naturais para elaborar prendas e complementos únicos. A estampaxe realízase en España, defendemos o comercio de proximidade. As prendas Pécora son pezas sinxelas, nas que prima a comodidadee e a calidadr, cun estilo persoal e sofisticado.

 

Pécora é unha firma de Moda Lenta, deseñamos e elaboramos todos os nosos produtos de maneira sustentable e ética. Coidamos o medio ambiente, reciclamos tecidos, papel para empaquetar, refugallos orgánicos para elaborar tintas naturais, realizamos padróns con gasto cero, reutilizamos e apostamos por un consumo responsable de calidade.